O ACOLLEMENTO E O SISTEMA DE PROTECCIÓN DA INFANCIA E ADOLESCENCIA
Thu, Oct 22
|Mi Rincón Favorito. Cuentoludoteca y Lib
Queres saber como funciona o sistema de protección á infancia e adolescencia? Gustaríache coñecer que é o acollemento familiar e como podes axudar a que nenos, nenas e adolescentes medren nun contorno seguro e afectivo?


Time & Location
Oct 22, 2026, 6:30 PM – 7:30 PM
Mi Rincón Favorito. Cuentoludoteca y Lib, Rúa Angel Llanos, 14, Coia, 36209 Vigo, Pontevedra, España
About the event
💙 Un encontro para coñecer o acollemento familiar
En Mi Rincón Favorito estamos moi felices de colaborar con Acougo – Asociación Galega de Familias de Acollemento para achegar ao noso barrio unha realidade que merece ser coñecida, comprendida e compartida: o acollemento e o sistema de protección da infancia e adolescencia.
O vindeiro 22 de outubro ás 18:30 h abrimos as portas do noso espazo para acoller esta charla informativa, pensada para todas aquelas persoas que teñan curiosidade, interese ou simplemente queiran saber máis sobre como funciona o sistema de protección e que significa realmente acoller.
Durante o encontro poderemos coñecer:
🌱 Que é o acollemento familiar e cal é a súa finalidade.
👧👦 Como funciona o sistema de protección da infancia e adolescencia.

