top of page
A maxia da auga

A maxia da auga

SKU: 9788412097481
€15.00Price
Sales Tax Included
Case todas as lendas ancestrais galegas teñen algo en común;están, dun xeito ou doutro, relacionadas coa auga. Galiza é terra de augas. E hai fontes como as do Faro que poden ser beneficiosas, pero tamén hai fontes malas. Se nonáque llo digan a un peregrino que ía cara a Compostela e, na vez de seguir subindo, volveu para Penasillás. Cal é a causa de que en Galiza agochemos as pantasmas mentres en Escocia son reclamo turístico? Non queremos que se saiba o que pasa nas nosas casas como acontece na do Alcalde en Mouricios? Quen non tivo medo? Pero os medos existen? E que pintan nos medos de hoxe os morcegos, os corvos ou os lobos ou o cabalo branco, que xa aparecían nos relatos celtas? Deamos unha volta pola igrexa de Pesqueiras. E os pozos dos ríos nos que habitan as xacias, as penas das mouras, os tesouros... existen ou non existen? E os pozos sen fondo? Non hai mellor cousa que dar unha volta polo Miño para sabelo. Este non é un libro que recree as lendas tradicionais. Tampouco son relatos nos que se recollen esas lendas. Outros xa fixeron moi ben ese traballo. Este é un libro que revive e actualiza os principais mitos galegos e lles dá unha nova visión. Unhas narracións convertidas en contos de lareira, que os traen á actualidade, con humor e sen chalecos mentais, para retratar tamén a sociedade actual á luz das crenzas do pasado. Neste libro hai moito de lenda, pero aínda hai moito máis de verdade. Procure a súa para ver se lle encaixa.
Quantity

Rúa Angel Llanos, 14

Coia, 36209 Vigo, Pontevedra

886 30 98 56

Cookie Policy

Privacy Policy

  • instagram-new (1)
  • twitterx--v2

Schedule

Monday to Friday:

10:00 a.m. to 2:00 p.m.

and 3:30 p.m. to 7:30 p.m.

Saturday:

Free outdoor storytelling | 11:30

Firma-logos-MAIV-2025-24-25-blanco.png

© 2025 Creado por el Programa de Empleo MAIV Garantía Xuvenil 2024

Esta empresa foi beneficiaria das Axudas do Programa EMEGA:
Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea co obxectivo de fomentar o emprendemento feminino en Galicia

si429a_modelo_cartel_fse_3_page-0001.jpg
bottom of page