top of page
Ao voso gusto - Medida por Medida

Ao voso gusto - Medida por Medida

SKU: 9788484874379
€17.95Price
Sales Tax Included
Este volume reúne dúas comedias de William Shakespeare de moi distinta índole que son boa mostra da amplitude do seu xenio.AO VOSO GUSTO (probablemente escrita e estreada en 1599) é unha comedia romántica e pastoril. Varios personaxes, que foxen da corte vítimas de distintas inxustizas (un duque deposto por seu irmán, acompañado dun pequeno grupo de leais;a súa filla Rosalinda, desterrada polo tío e acompañada pola súa prima Celia;o xove Orlando, desposuído e maltratado por seu irmán maior, acompañado por un vello e fiel servente), coinciden no idílico bosque de Arden, onde transcorre a maior parte da obra, e alí atoparanse con algúns dos seus moradores. É unha comedia brillante e divertida. A súa protagonista, Rosalinda, é o personaxe feminino máis atractivo e encantador de Shakespeare. Disfrazada de home, xogando coa ambigüidade sexual, será a forza motriz que levará os enredos da obra a un final feliz. Pero hai tamén outros personaxes de grande atractivo: o melancólico Xacobe, o bufón Pedradetoque, os pastores Silvio e Feba...A acción de MEDIDA POR MEDIDA (1604) está situada nun contexto urbano, cos seus baixos fondos incluídos. É una obra de cores escuras, cuns personaxes demasiado humanos para unha comedia, constantemente no límite da traxedia, polo que máis propiamente hai que cualificala como traxicomedia. O duque de Viena decide ausentarse por tempo indefinido e deixa o goberno da cidade en mans de Ánxelo, home de moralidade estrita que está decidido a poñer freo ao que considera crecente libertinaxe sexual. Condena a morte a Clodio, que vai ter un fillo coa súa prometida. Isabel, unha noviza irmá de Clodio, é convencida para que interceda por el ante Ánxelo. Este accede a perdoalo, pero cunha condición. É unha obra que invita a reflexións morais sobre a corrupción e abuso do poder, a sexualidade, a mentira, a xustiza e o perdón. Dunha asombrosa modernidade, cun final aberto que na lectura queda en mans do lector e no escenario nas de actriz que interpreta a Isabel.
Quantity

Rúa Angel Llanos, 14

Coia, 36209 Vigo, Pontevedra

886 30 98 56

Cookie Policy

Privacy Policy

  • instagram-new (1)
  • twitterx--v2

Schedule

Monday to Friday:

10:00 a.m. to 2:00 p.m.

and 3:30 p.m. to 7:30 p.m.

Saturday:

Free outdoor storytelling | 11:30

Firma-logos-MAIV-2025-24-25-blanco.png

© 2025 Creado por el Programa de Empleo MAIV Garantía Xuvenil 2024

Esta empresa foi beneficiaria das Axudas do Programa EMEGA:
Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea co obxectivo de fomentar o emprendemento feminino en Galicia

si429a_modelo_cartel_fse_3_page-0001.jpg
bottom of page