top of page
Gran tiburón branco

Gran tiburón branco

SKU: 9788499144016
€20.50Price
Sales Tax Included
Gran tiburón branco contén cinco historias diferentes que comparten un mesmo clima de violencia, de vergoña e de cansazo, e tamén o feito de estaren narradas en primeira persoa por seres que moran á beira dun terraplén, da fronteira entre o coñecido e o que vén despois do coñecido: unha muller que engana o seu home catedrático cun guía turístico;un empregado do matadoiro que sospeita que o seu veciño pode ser xudeu;unha escritora posmoderna que descobre en México a existencia do mundo real;un músico fracasado que de pura deixadez desencadea a involución da especie;un tipo que narra a súa adolescencia sureña na que nunca pasaba nada e o pouco que pasaba non significaba nada en particular. Nos cinco textos está presente a literatura pero dunha maneira tanxencial: aparece como subterfuxio, de pasada. Os cinco narradores narran de casualidade (o acto de narrar é para eles unha experiencia inusual) e nunca volverán facelo, as súas voces non reaparecerán. De aí que os textos de Gran tiburón branco non rematen en final feliz, nin tráxico, nin aberto, senón no punto no que engadir algo máis, seguir escribindo en suma, sería insoportablemente redundante e un pouco ridículo. Suxírese así, unha e outra vez, a idea de que algo grande, demasiado grande (a literatura, o mundo) está a piques de rematar.
Quantity

Rúa Angel Llanos, 14

Coia, 36209 Vigo, Pontevedra

886 30 98 56

Cookie Policy

Privacy Policy

  • instagram-new (1)
  • twitterx--v2

Schedule

Monday to Friday:

10:00 a.m. to 2:00 p.m.

and 3:30 p.m. to 7:30 p.m.

Saturday:

Free outdoor storytelling | 11:30

Firma-logos-MAIV-2025-24-25-blanco.png

© 2025 Creado por el Programa de Empleo MAIV Garantía Xuvenil 2024

Esta empresa foi beneficiaria das Axudas do Programa EMEGA:
Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea co obxectivo de fomentar o emprendemento feminino en Galicia

si429a_modelo_cartel_fse_3_page-0001.jpg
bottom of page