top of page
HAI SANTOS QUE NON QUEREN IR AO CEO

HAI SANTOS QUE NON QUEREN IR AO CEO

SKU: 9788484873211
€19.75Price
Sales Tax Included
A principios do século XIV, os cátaros parecían definitivamente eliminados. A herexía que socavara as cimentacións da igrexa católica por fin fora erradicada, logo de dous séculos de desapiadada cruzada. Porén, os altos cumios dos Pirineos son demasiado inaccesibles, mesmo para os predicadores do papa. Alí, os habitantes da pequena aldea de Montaillou mantéñense fieis á doutrina dos chamados homes bos, unha especie de sacerdotes que, na clandestinidade, difunden a herexía pola rexión. Mais nunca foi a igrexa amiga de mirar para outro lado.  Tres personaxes (unha nobre castelá, un humilde pastor e un membro da Inquisición) achégannos a súa visión sobre o enfrontamento final entre dúas formas de rezar, entre dous xeitos de vivir. Ao cabo das súas vidas, as lembranzas flúen e espertan a nostalxia dun tempo en que puxeron a súa prezada liberdade por enriba daquilo que outras xentes, outros homes, decidiran que tiñan a obriga de ser.
Quantity

Rúa Angel Llanos, 14

Coia, 36209 Vigo, Pontevedra

886 30 98 56

Cookie Policy

Privacy Policy

  • instagram-new (1)
  • twitterx--v2

Schedule

Monday to Friday:

10:00 a.m. to 2:00 p.m.

and 3:30 p.m. to 7:30 p.m.

Saturday:

Free outdoor storytelling | 11:30

Firma-logos-MAIV-2025-24-25-blanco.png

© 2025 Creado por el Programa de Empleo MAIV Garantía Xuvenil 2024

Esta empresa foi beneficiaria das Axudas do Programa EMEGA:
Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea co obxectivo de fomentar o emprendemento feminino en Galicia

si429a_modelo_cartel_fse_3_page-0001.jpg
bottom of page