top of page
Idioma e sociedade

Idioma e sociedade

SKU: 9788484874850
€24.95Price
Sales Tax Included
IDIOMA E SOCIEDADE.Sobre normalización e planificación da lingua galegaNesta obra reflexiónase sobre a lingua galega e abórdanse cuestións relativas á súa normalización e planificación, ben como a outros aspectos da súa vinculación coa sociedade, sempre na perspectiva de procurar a vía adecuada para lle garantir un futuro digno como lingua nacional da Galiza. Máis do que un libro de sociolingüística galega, trátase duns apuntamentos sobre diversos aspectos da realidade social do idioma feitos por unha persoa que se veu dedicando durante boa parte da súa actividade como profesor universitario a estudar a lingua galega desde distintas vertentes. Alén do posicionamento persoal do autor sobre a realidade social desta, moitas outras persoas expertas, galegas e foráneas, foron convocadas a exporen e confrontaren as súas ideas, na procura dunha visión plural da realidade social do galego, dos seus problemas e das súas perspectivas de futuro. É, pois, esta unha obra polifónica, onde o autor, sen ocultar en ningún momento a súa opinión sobre diferentes temas que afectan a lingua e a sociedade galega, ofrece outros puntos de vista que veñen enriquecer o debate e a busca de solucións para unha lingua necesitada de reorientar o seu futuro. Deste modo, temas como o binormativismo, o sesquilingüismo ou o ecolingüismo ocupan un lugar destacado, ao lado doutros máis tradicionais como o bilingüismo, o imperialismo lingüístico ou o reintegracionismo.
Quantity

Rúa Angel Llanos, 14

Coia, 36209 Vigo, Pontevedra

886 30 98 56

Cookie Policy

Privacy Policy

  • instagram-new (1)
  • twitterx--v2

Schedule

Monday to Friday:

10:00 a.m. to 2:00 p.m.

and 3:30 p.m. to 7:30 p.m.

Saturday:

Free outdoor storytelling | 11:30

Firma-logos-MAIV-2025-24-25-blanco.png

© 2025 Creado por el Programa de Empleo MAIV Garantía Xuvenil 2024

Esta empresa foi beneficiaria das Axudas do Programa EMEGA:
Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea co obxectivo de fomentar o emprendemento feminino en Galicia

si429a_modelo_cartel_fse_3_page-0001.jpg
bottom of page