top of page
NEMO

NEMO

SKU: 9788491212515
€15.50Price
Sales Tax Included
Segunda entrega das aventuras de Nemo, o príncipe indio que oculta o seu verdadeiro nome para protexer a súa vida e a dos seus dous novos amigos, Ashlynn e Daniel.  Xuntos percorren Europa descifrando misterios e fuxindo dos seus inimigos, dos que polo de agora se deron salvado grazas á intelixencia pouco común de Nemo e á lealdade de Ashlynn e Daniel.  Varios contendentes dispútanse Bundelkhand, e Nemo, para salvar o seu reino, terá que renunciar ao seu nome e cruzar o océano na procura dun misterioso tesouro. O príncipe de pel escura, arrastrado polas correntes, fuxirá lonxe. En compañía de Daniel, de Ashlynn e do seu inseparable can Nautilus, sobrevoará Europa a bordo da súa aeronave. Praga é a meta. Alí vive un rabino que talvez poida axudalo a descifrar o enigma necesario para atopar o tesouro. Pero terá que facelo antes de que Madame Zeta e os escarlatas acaben con eles. Un mundo de criaturas lendarias, gólems e símbolos misteriosos envolve a vida do príncipe indio e dos seus compañeiros de viaxe. Entrementres, a néboa cobre as calellas de Praga, do mesmo xeito que os segredos escurecen o pasado de Nemo e os detalles da súa perigosa misión.
Quantity

Rúa Angel Llanos, 14

Coia, 36209 Vigo, Pontevedra

886 30 98 56

Cookie Policy

Privacy Policy

  • instagram-new (1)
  • twitterx--v2

Schedule

Monday to Friday:

10:00 a.m. to 2:00 p.m.

and 3:30 p.m. to 7:30 p.m.

Saturday:

Free outdoor storytelling | 11:30

Firma-logos-MAIV-2025-24-25-blanco.png

© 2025 Creado por el Programa de Empleo MAIV Garantía Xuvenil 2024

Esta empresa foi beneficiaria das Axudas do Programa EMEGA:
Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea co obxectivo de fomentar o emprendemento feminino en Galicia

si429a_modelo_cartel_fse_3_page-0001.jpg
bottom of page