"A orixe das sereas" (2-8 años)
Taller Creativo 2-8 años
Service Description
Neste obradoiro, os nenos e nenas elaborarán peixes artesanais con churros de piscina capaces de flotar e desprazarse pola auga. Crearán o seu propio peixe (corpo, aletas, ollos...) deixando voar a súa imaxinación e prepararán o hábitat preferido para as sereas: o mar nunha pequena bañeira con auga decorada con motivos mariños. Aprenderemos sobre os peces e as sereas co conto "A orixe das sereas". Os obxectivos son: Desenvolver a motricidade fina a través do recorte, pegado, dobrado e montaxe dos peixes. Introducir conceptos básicos relacionados coa auga, a flotación e o movemento. Favorecer a curiosidade científica mediante a observación de como nadan os peixes na bañeira con auga. Incentivar o xogo simbólico e a imaxinación a partir da interacción cos peixes xa rematados.

