"As tres porquiñas" (1-3)
Obradoiro sensorial (1-3 anos)
Service Description
Neste obradoiro as nenas e nenos construirán as súas propias casiñas inspiradas no conto, empregando diferentes materiais e texturas como palla, madeira ou ladrillo, tal e como aparecen na historia, pero non coma eles imaxinan. A través desta actividade manual e imaxinativa, achegaranse ao universo do conto e prepararanse para a aventura teatral da tarde. Ademais, como experiencia especial, poderán asistir en exclusiva ao ensaio xeral da obra de títeres, descubrindo por dentro como se prepara o espectáculo. Unha proposta lúdica e participativa para crear, xogar e vivir o teatro desde dentro. Obxectivos: estimular os sentidos, fomentar a curiosidade e a exploración e desenvolver a motricidade fina, ofrecer unha experiencia sensorial divertida e educativa que motive a aprendizaxe activa.





