"Froitas" (10:30h-13:00h)
Taller Sensorial 0-1 año (acompañado)
Service Description
Este taller pode realizarse en calquera quenda de 10:30 a 13:00, cando lle veña mellor ao bebé. Consúltanos! Os bebés poderán desenvolverse de maneira sensorial, motriz e exploratorio mediante a manipulación libre e o descubrimento de froitas de tempada nun contorno seguro e estimulante. Os obxetivos son: estimular os sentidos do tacto, gusto, olfato e vista a través das texturas, cores, temperaturas e aromas, potenciar a curiosidade natural e a exploración autónoma, favorecer a motricidade fina e grosa a través de accións como tocar, apertar, golpear, coller, esmargar ou transportar as froitas, promover a coordinación óculo-manual, favorecer o descubrimento a través do xogo libre, ampliar o coñecemento da contorna natural e dos alimentos de tempada, fomentar unha relación positiva e próxima coas froitas e coa alimentación saudable desde idades temperás, estimular a linguaxe e a comunicación a través da observación, da verbalización e das interaccións durante a actividade.





