"Lúa" (0-1)
Taller Sensorial 0-1 año (acompañado)
Service Description
Este taller puede realizarse en cualquier turno de 10:30 a 13:00, cuando mejor le venga al bebé. Consúltanos! Neste obradoiro, os bebés terán á súa disposición unha bandexa sensorial inspirada no universo e, especialmente, na lúa. Para crear este pequeno escenario espacial, utilizaremos diferentes materiais e elementos como pasta pintada, papel de aluminio, imaxes relacionadas coa lúa e co espazo, así como distintos utensilios de exploración, como pinzas adaptadas, vasos e recipientes. A través da manipulación libre destes materiais, os máis pequenos e pequenas poderán tocar, observar, coller, soltar, trasladar e experimentar coas diferentes texturas, formas e sons, descubrindo pouco a pouco as posibilidades de cada elemento. Será unha experiencia de exploración libre na que cada bebé poderá interactuar cos materiais ao seu propio ritmo, sempre acompañado e guiado pola persoa adulta.





