"Papóns" (2-8años)
Taller Creativo 2-8 años
Service Description
Neste obradoiro, os nenos e nenas, converteranse en pequenos agricultores e descubrirán, a través do xogo e da experimentación, o fascinante mundo da horta. Mediante unha actividade sensorial, terán que buscar entre a terra pequenas imaxes de diferentes hortalizas, como tomates, leitugas e cenorias, utilizando utensilios de agricultura adaptados á súa idade. Unha vez atopadas, deberán identificar cada alimento e emparellalo co recipiente correspondente. Para rematar, cada neno e nena plantará unha semente nun vaso de iogur reutilizado que poderá levar para a casa. Deste xeito, os nenos e nenas aprenderán a importancia de coidar as plantas e respectar a natureza, e poderán observar día a día como medra a súa semente. Os obxetivos son: achegar os nenos e nenas ao mundo da horta e da agricultura dun xeito lúdico e participativo, identificar e recoñecer diferentes hortalizas, desenvolver a imaxinación, estimular os sentidos mediante a exploración e a manipulación, o desenvolvemento da coordinación motora fina e da destreza manual,promover o respeto pola natureza e o coidado do medio ambiente, coñecer o proceso básico de plantación.





