"Xoguetes" (1-3 anos)
Obradoiro 1-3 años
Service Description
Neste obradoiro, os máis pequenos e pequenas recibirán un aro no que estarán pegadas bólas de diferentes cores. A súa misión será despegar as bólas e clasificalas segundo a súa cor, colocándoas no lugar correspondente. Ademais, ofrecerémoslles diferentes imaxes de obxectos e elementos cotiáns, como un sol amarelo, unha mazá vermella ou unha folla verde, que tamén deberán relacionar coa cor correspondente. A través desta actividade manipulativa e sensorial, os nenos e nenas poderán explorar, tocar, observar e descubrir as cores dunha maneira divertida e adaptada á súa idade. Os obexitos son: recoñecer e identificar as cores básicas, iniciarse na clasificación por cores, desenvolver a motricidade fina, estimular a percepsión visual, favorecer a asociación de cores coa contorna, promover a exploración sensorial, aprender a través do xogo.





