top of page

🐢 VerÔn, nenos e paciencia: unha mirada dende a Disciplina Positiva

ree


O verĆ”n trae consigo calor, cambios de rutina, mĆ”is convivencia diaria… e moitos momentos nos que sentimos que a paciencia se nos escorrega coma o protector solar. E non Ć© raro: mĆ”is tempo en familia, menos horarios e rutinas, calor que desgasta, cansazo acumulado… todo iso cansa a calquera.


A boa noticia Ć© que a paciencia non Ć© algo que ā€œtemosā€ ou ā€œnos faltaā€: Ć© unha capacidade que podemos cultivar, coidar e reforzar. E a Disciplina Positiva dĆ”nos ferramentas para facelo desde o respecto mutuo.


A paciencia é a capacidade que temos as persoas de soportar, agardar e tolerar determinadas situacións desde a calma e a tranquilidade, sen que o noso estado emocional e de Ônimo se vexa afectado.



ā˜€ļø Por que custa un pouco mĆ”is ter paciencia no verĆ”n?


Porque estamos mĆ”is expostos emocionalmente: hai menos rutinas claras e marcadas, menos tempo persoal ou de descanso, mĆ”is demandas externas (vacacións, plans, familia, cambios)… e moitas veces sentimos culpa por non poder ou saber ā€œgozalo todoā€.

E claro, cando unha criatura en pleno desenvolvemento estĆ” inqueda e con toda a enerxĆ­a, e di ā€œmamĆ”Ć”Ć”Ć”ā€ ou ā€œpapĆ”Ć”Ć”Ć”ā€ por cuarta vez en cinco minutos, ou tira a auga por quinta vez… reaccionamos, non respondemos. Case coma en piloto automĆ”tico.



🌱 O que a Disciplina Positiva nos lembra sobre a paciencia


DetrĆ”s do que chamamos mal comportamento, case sempre hai unha necesidade da tĆŗa crianza que non sente cuberta. Cando entendemos isto, podemos mirar con mĆ”is compaixón: ā€œEstĆ” canso ou cansa? Precisa conexión? Ten fame?ā€.

O autocuidado non é un luxo, é unha necesidade bÔsica. Se non estamos ben, é moito mÔis difícil responder con amabilidade e firmeza. A paciencia non se forza: aliméntase. Respira. Pide axuda. Tómate un momento.

A firmeza tamĆ©n Ć© parte do amor. Ser paciente non Ć© deixar que todo pase. Pódese soster lĆ­mites con serenidade e agarimo. ā€œEntendo que esteas enfadado, e non che vou permitir pegar. Estou aquĆ­ contigo.ā€



šŸ’” Ideas prĆ”cticas para cultivar a paciencia na casa este verĆ”n:


✨ 1. O ā€œminuto mĆ”xicoā€Tómate un minuto (as veces que precises) ao dĆ­a antes de sentir que as emocións te superan, só para ti. Non necesitas moito mĆ”is para reconectar contigo: respira fondo, asómate Ć” xanela, pecha os ollos. Un minuto de presenza pode cambiar o ton de todo despois.

✨ 2. A pausa antes do berroCando sintas que vas estoupar ou que non podes mĆ”is, proba a dicirche mentalmente: ā€œNon mo tomo como algo persoal. EstĆ” aprendendo e faino o mellor que pode.ā€ Ese segundo de pausa pode evitar un berro ou unha mala resposta, e abrir espazo para unha resposta mĆ”is consciente.

✨ 3. CĆ©ntrate na conexión, non no controlMoitas veces queremos que as cousas se fagan ā€œxa e como eu digoā€. Pero as crianzas cooperan mĆ”is cando se senten conectadas co que lles pedimos. Antes de dar unha orde, achĆ©gate, mĆ­raa, tócalle o ombreiro. Conexión primeiro, instrución ou corrección despois.

✨ 4. Celebra os teus pequenos logros¿Hoxe non berraches cando tirou o zume? ¿Puideches respirar antes de intervir? ¿Tomaches un minuto para ti e o teu autocuidado? Iso é disciplina positiva en acción. Recoñéceo e valida cada pequeno esforzo. Non precisas ser perfecta. Só seguir aprendendo, paso a paso.



ā¤ļø A paciencia tamĆ©n se modela


As túas fillas ou fillos non precisan unha nai/pai/persoa adulta coma un robot que nunca se enfade, que non falle ou que non perda os nervios. Precisan ver como esa persoa adulta xestiona as emocións, como repara, como segue adiante. Lembra que es un exemplo e as túas crianzas modelan os seus comportamentos imitando os teus.

E iso, seguro que o estƔs facendo. Paso a paso. Dƭa a dƭa. Mesmo no verƔn, mesmo cando parece que non podes mƔis.



🐚 Unha nota para ti, que acompañas


Pecha os ollos por un momento e conecta contigo, coa túa nena ou neno interior. Respira fondo e de forma consciente. EstÔs a criar, acompañar, guiar, ademais de ocuparte de moitas outras tarefas e responsabilidades da vida adulta. Non estÔs soa ou só nisto. A paciencia medra cando hai conexión, límites claros, e tamén cando nos damos permiso para descansar e para aprender cando fallamos.


šŸ’Œ E ti? Que fas cando notas que a tĆŗa paciencia se esgota?

Podes deixar os teus trucos, dĆŗbidas ou experiencias nos comentarios. EncantarĆ­anos leerte!

Ā 
Ā 
Ā 

Comments


Rúa Angel Llanos, 14

Coia, 36209 Vigo, Pontevedra

886 30 98 56

  • instagram-new (1)
  • twitterx--v2

Horario

De luns a venres:

De 10:00 a 14:00

e as 15:30 h. Ɣs 19:30 h.

SƔbado:

Contacontos ao aire libre gratuĆ­to | 11:30

Firma-logos-MAIV-2025-24-25-blanco.png

© 2025 Creado por el Programa de Empleo MAIV Garantía Xuvenil 2024

Esta empresa foi beneficiaria das Axudas do Programa EMEGA:
Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea co obxectivo de fomentar o emprendemento feminino en Galicia

bottom of page