"O galo que puxo un ovo" (2-8 anos)
Obradoiro creativo 2-8 anos
Descripción del servicio
Neste obradoiro os nenos e nenas poderán realizar un ovo de pascua decorativo e tamén educativo, tendo que seguir diferentes trazos pegando pasta de distintas formas e tamaños que previamente terán que pintar. Traballaremos ademais a través do conto "O galo que puxo un ovo" os roles de xénero e reflexionaremos sobre os límites que cada un cre que pode ter. Os obxectivos do obradoiro son: fomentar a creatividade e a expresión artística mediante técnicas plásticas, crear trazos e deseños pegando a pasta sobre a superficie explorando liñas, formas e patróns, mellorar a coordinación man-ollo mediante o uso de pinceis e o pegado de pequenos elementos, estimular a percepción visual a través do recoñecemento de formas, tamaños e cores, fomentar a paciencia e a concentración durante o proceso creativo.





