Presentación del libro: "Vicvs. Un lugar elevado"
ven., 12 de set.
|Vigo
Un escritor da casa, da nosa cultura galega. Tráenos a Mi Rincón Favorito as súas obras ambientadas en lugares que resonan nas nosas vidas, na nosa cidade. Ven acompañarnos nesta presentación e firma de exemplares de novela negra tan agardada polo noso público.


Time & Location
12 de set. de 2025, 20:00 – 21:00
Vigo, Rúa Angel Llanos, Coia, 36209 Vigo, Pontevedra, España
Guests
About the event
Beto Luaces, nado en Montevideo en 1969, é un escritor galego que en 2017 iniciou a serie de novela negra titulada "VICVS" cuxa trama discorre entre a cidade de Vigo e a serra do Suído.
Desta volta, o detective Manuel Peixoto ten que afrontar un reto... ben elevado. Un accidente deportivo na serra do Suido desencadea a trama que chega á cidade de Vigo. Un novo relato en clave de xénero negro, ben enfiado e que bascula cara o pasado, ensarilla o presente e ameaza o futuro dun dos piares onde se asenta o progreso da cidade máis grande e poboada de Galicia.
Convidámosvos a acompañarnos e gozar dun ratiño de cultura e literatura galega, nesta charla e presentación na que poderemos falar sobre as primeiras novelas anteriores da saga, os métodos de escritura e inspiracións que fixeron posible a creación destes títulos e a chegada da publicación dos mesmos…

