top of page
Descubre as novidades da nosa biblioteca e libraría de contos


🎁 Agasallos que acompañan… e agarimo que non se obliga
Chegan as festas e, con elas, un montón de momentos intensos: luces, familia, comidas longas, expectativas… e, por suposto, agasallos. Para moitos e moitas peques, estas datas son ilusión pura, pero poden ser tamén ruído, comparacións, demasiados estímulos… e emocións que ás veces non sabemos moi ben como acompañar. Desde a disciplina positiva, decembro non vai de “portarse ben para merecer cousas”. Vai de conexión, respecto e acompañamento no medio de todo o que pasa. E den
Mi Rincón Favorito
Dec 29, 20253 min read


🎄Vacacións de Nadal: descansar, convivir e volver (sen perdernos polo camiño)
Chegan as vacacións de Nadal despois de semanas intensas de rutinas, cole, madrugóns, exames, actividades e moito esforzo sostido. O corpo sábeo. As emocións tamén. E xusto cando por fin paramos… chegan as festas: familia, compromisos, plans, comidas longas, expectativas, ilusión… e, sen decatarnos, o descanso que necesitabamos mestúrase con máis estímulos e máis esixencia. Desde a Disciplina Positiva, as vacacións non se entenden como “facer moitas cousas”, senón como un tem
Mi Rincón Favorito
Dec 22, 20253 min read


🌱 Cando o que agardamos non coincide co que poden
Hai épocas do ano nas que parece que todo debería encaixar un pouco mellor: o curso xa está avanzado, as rutinas están claras, “xa saben como funciona”. E, con todo, en moitas casas ocorre xusto o contrario: máis enfados, máis cansazo, menos colaboración, máis “non podo”, “non quero”, “cústame”. E entón aparece a sensación de desaxuste. Non deberían estar xa adaptados? Por que agora custa tanto? Desde a Disciplina Positiva, este momento non se mira como un fallo, senón como u
Mi Rincón Favorito
Dec 15, 20252 min read


🎄Final do trimestre: cansanzo, exames e Nadal á vista. Como acompañar dende a Disciplina Positiva
Chega o final do trimestre e por suposto que se nota. Na casa, no cole, no ambiente. As crianzas están máis sensibles nestas semanas que veñen. As familias, en xeral, máis cansadas. Os profes e as profes tamén sinten o agotamento. Hai exames, traballos finais, festivais, actividades especiais, reuniones, días diferentes… e decembro enteiro que entra con forza. É normal que todo se acumule. Este momento do ano é unha mistura de cansanzo, emoción e desorde que pasa factura a tó
Mi Rincón Favorito
Dec 9, 20253 min read


🎄 Ponte en marcha en decembro… dende e coa Disciplina Positiva
Un recordatorio suave para un mes cheo de estímulos, tareas e emocións Chega decembro, e con el unha sensación moi particular: ilusión, luces, encontros… pero tamén présas, tarefas acumuladas, actividades extra, concertos, ceas, compras, listas infinitas e un cansazo emocional que se nota máis aínda no final do trimestre. Poñerse en marcha en decembro non é tan sinxelo como facer unha lista e cumprila. Para as familias, é un mes no que as emocións se mesturan: nervios, alegrí
Mi Rincón Favorito
Dec 1, 20253 min read


📖Disciplina Positiva e estudo: acompañar sen presionar
As primeiras épocas de exames, traballos finais e tardes longas de estudo xa están aquí. E con elas chega algo que moitas familias recoñecen ao instante: discusións polos deberes, tensión polos exames, présas, “concéntrate”, “veña, termina xa”, “se non estudas vas suspender”… O estudo, desde fóra, parece algo sinxelo: sentarse, concentrarse e facelo. Pero por dentro —e máis aínda para nenos, nenas ou adolescentes— é un proceso emocional, cognitivo e relacional moito máis comp
Mi Rincón Favorito
Nov 24, 20253 min read


🎈 “Non corras, non subas, non fagas…” e se tentamos doutra maneira?
No día a día da maioría das familias hai unha palabra que aparece máis veces das que imaxinamos ou nos gustaría: “non” . “Non corras”, “Non berres”, “Non subas aí”, “Non toques iso”. Ás veces sae sen pensalo, case como un reflexo. Porque temos présa, porque queremos evitar riscos, porque estamos cansas, porque desexamos que todo vaia fluído. E, por suposto, o “non” é necesario: protexe, marca límites e coida . Pero cando se converte na palabra máis repetida, algo pérdese polo
Mi Rincón Favorito
Nov 17, 20253 min read


🍂 Educar na gratitude (máis alá do “grazas”)
Novembro convida a mirar cara dentro. Os días acúrtanse, o ritmo baixa e o corpo parece pedir calma. É nestes tempos cando moitas familias comezan a falar de gratitude , unha palabra que ás veces se confunde con “dar as grazas”, pero que, desde a mirada da Disciplina Positiva , vai moito máis alá. A gratitude non é só unha fórmula de cortesía. É unha habilidade emocional profunda , que se constrúe ao longo da vida, cando nenas e nenos se senten vistos, valorados e parte de al
Mi Rincón Favorito
Nov 10, 20252 min read


🎈 Por que o xogo libre é moito máis ca diversión
Nestes días de outono, cando as rutinas xa están máis asentadas e os días se acurtan, o xogo volve ocupar un lugar esencial. Ás veces pensamos que xogar é só unha maneira de pasar o tempo, unha recompensa despois de “portarse ben” ou de facer os deberes. Pero desde a mirada da Disciplina Positiva, o xogo é moito máis ca iso: é unha necesidade vital e unha poderosa ferramenta de conexión e aprendizaxe . 🌱 O que ocorre no cerebro cando xogan Durante o xogo libre —ese no que no
Mi Rincón Favorito
Nov 3, 20253 min read


🎃 Medos, disfraces e risas: como acompañar Samaín dende a Disciplina Positiva
Chega por fin Halloween, ou Samaín, esa época máxica do ano na que as rúas se enchen de cabazas, disfraces, luces suaves e risas entre sustos. Un tempo no que a imaxinación cobra vida e o misterioso se mestura co divertido. Para moitas familias é unha época chea de ilusión, manualidades e lambetadas. Pero tamén pode traer emocións intensas: medos, sustos, nenos ou nenas que non queren disfrazarse ou que se asustan máis do esperado. Desde a mirada da Disciplina Positiva, estas
Mi Rincón Favorito
Oct 27, 20253 min read


🌷 A culpa non educa, o vínculo sí
Ás veces, ao rematar o día, aparece esa voz baixiña (ou non tan baixiña) que di: “Hoxe non o fixen ben.” “Berreille.” “Perdín a paciencia.” “Prometinme que non volvería facelo e fíxeno.” E entón chega a culpa. Esa sensación de ter fallado xusto onde máis queriamos acertar. Porque a crianza —aínda que estea chea de amor— tamén está chea de cansazo, contradicións e aprendizaxes constantes. Pero a Disciplina Positiva recórdanos algo esencial: 💛 a culpa non ensina, o vínculo si.
Mi Rincón Favorito
Oct 20, 20252 min read


🍁 O cansanzo invisible: cando a adaptación xa pesa
As primeiras semanas de escola ou de escola infantil adoitan vir cheas de emocións: nervios, ilusión, medos, cambios de rutina, novos...
Mi Rincón Favorito
Oct 13, 20253 min read


🧡 Ao seu ritmo: cando a paciencia tamén educa
Outubro adoita traer consigo a sensación de que “xa deberiamos estar adaptados”. As rutinas do cole, os horarios, as actividades… todo...
Mi Rincón Favorito
Oct 6, 20253 min read


Os erros coma oportunidades de aprendizaxe 🌷
Na crianza temos a tentación, algunhas veces, de evitar que os nenos e nenas se equivoquen: adiantarnos ao que podería saír mal, corrixir...
Mi Rincón Favorito
Sep 29, 20252 min read


🧡“Límites que son apertas”🫂
A palabra límite soe soar dura ou fría, ás veces incluso esperta en nós rexeitamento porque a asociamos coa rixidez ou o castigo. Pero...
Mi Rincón Favorito
Sep 22, 20253 min read


🌼 Separacións e reencontros: pequenos rituais que sosteñen
Co comezo da escola infantil, o cole e as novas rutinas, cada día empeza e remata con dous momentos moi relevantes cargados de emoción: a...
Mi Rincón Favorito
Sep 15, 20253 min read


✨ Expectativas, Disciplina Positiva e a primeira semana de cole
A primeira semana de cole (ou de escola infantil) adoita chegar cargada de ilusión, nervios e moitísimas expectativas en todas as casas....
Mi Rincón Favorito
Sep 8, 20253 min read


🌼 Volta ao cole: acompañar dende a Disciplina Positiva
A volta ao cole ou o comezo da escola infantil é un momento cargado de emocións intensas. Para algunhas familias supón alivio, ilusión,...
Mi Rincón Favorito
Sep 1, 20253 min read


🌻 O final do verán: un adestramento emocional
O final do verán non é só o peche dunha estación emocionante: é un adestramento emocional natural.Cada ano, nenos e nenas atravesan este...
Mi Rincón Favorito
Aug 25, 20252 min read


✨ O que si podes controlar: a túa regulación emocional como nai/pai
Ás veces a crianza, e en épocas especiais como as vacacións, lévanos a lugares intensos. Días nos que todo parece desbordarse:...
Mi Rincón Favorito
Aug 18, 20253 min read
bottom of page

