top of page

✨ O que si podes controlar: a túa regulación emocional como nai/pai

  • Writer: Mi Rincón Favorito
    Mi Rincón Favorito
  • Aug 18
  • 3 min read


ree


Ás veces a crianza, e en épocas especiais como as vacacións, lévanos a lugares intensos. Días nos que todo parece desbordarse: discusións, berros, rabietas, présas, esgotamento. E no medio dese torbellino, queremos controlar. Controlar o volume. A conduta ou comportamento. O momento. Ao peque.


Pero en Disciplina Positiva aprendemos algo esencial:


🧭 Non podes controlar o que sente ou fai o teu peque… pero si podes aprender a regular o que fas ou sentes ti.


A túa respiración. A túa pausa. A túa presenza. E ese pequeno gran xiro cámbiao todo.



🧠 Un pouco de teoría: o cerebro en modo supervivencia


Cando un neno ou nena berra, pega, desobedece ou entra en crise, non o fai porque “quere portarse mal”. Faino porque a súa cortiza prefrontal —a zona do cerebro encargada de regular emocións, tomar decisións e pensar con lóxica— aínda está en desenvolvemento (ata aproximadamente os 25 anos).


Por iso, cando algo lle frustra, doe ou abruma, o seu sistema nervioso entra en modo supervivencia: loita, fuxida ou conxelación. Non pode pensar. Só sente.


E cando ti tamén entras nese modo (porque estás esgotada, reactiva ou ferida), o conflito tende a escalar.


🌱 Aquí é onde entra a regulación emocional adulta. Porque se ti te regulas, podes co-regularlle. Préstaslle un pouco da túa calma ata que poida calmarse por si mesmo/a.



🌿 A regulación emocional non é perfección. É consciencia.


Non se trata de non enfadarte nunca ou estar sempre de bo humor. Nin de falar sempre suave e con amabilidade. Trátase de notar cando te estás desbordando… e ter recursos para volver a ti e a esa calma na que se verá reflectido/a.


💡 A Disciplina Positiva non busca pais e nais perfectos. Busca adultos dispoñibles, humanos e conscientes. Adultas que modelan o que logo esperan dos seus peques: autorregulación, empatía, reparación, conexión.



🛠️ Ferramentas prácticas para regularte no momento


🔹 PON NOME AO QUE SENTES

“Estou frustrada”, “síntome esgotado”, “isto cústame”. Cando verbalizas, dás un paso fóra da reacción automática.

🔹 PAUSA (NON HAI QUE REACCIONAR XA)

Podes dicir: “Necesito un intre para calmarme, logo falamos”. Non é fuxir. É evitar facer dano desde a impulsividade.

🔹 FAI ALGO FÍSICO

Respira fondo. Lava as mans. Sae ao corredor. O movemento corporal axuda a saír do estado de alerta.

🔹 CAMBIA O FOCO

Pregúntate: “Que precisa o meu fillo/a agora mesmo?” Iso baixa o xuízo e activa a empatía.

🔹 ANTICIPA OS TEUS MOMENTOS DIFÍCILES

Cústache máis ao final do día? Despois do traballo? Coidarte antes pode marcar a diferenza.



✨ E se me equivoco?


Spoiler: Vas equivocarte. Todas e todos o facemos. E aí entra outra xoia da Disciplina Positiva: a reparación. Podes volver, mirarlle aos ollos e dicir:

🫶 “Antes berrei. Estaba moi cansa, pero non foi xusto. Síntoo.”


Iso ensina máis que mil sermóns. Ensínalle a reparar, a recoñecer emocións, a confiar en que o amor non se rompe por un mal momento.



🌷 Coidarte tamén é parte de educar


Non podes acompañar desde o desborde permanente. A autorregulación non se constrúe só nos momentos de crise, senón en como te coidas, como te falas, como te escoitas.


💛 O teu autocuidado non é un luxo. É unha necesidade. Para poder soster, conter, estar.



🪞 Unha nota suave para ti


Non o vas facer sempre ben. Tampouco fai falta. O que si podes é facelo con presenza, con consciencia e coa intención de seguir medrando.


Cada vez que escolles respirar en vez de berrar, cada vez que escolles pausar antes de castigar, cada vez que escolles reparar… estás sementando. No teu peque. E tamén en ti.

Porque criar con respecto empeza por tratarte con respecto a ti tamén.


💬 Como te regulas ti nos momentos de tensión? Tes algunha ferramenta ou ritual que che axude a parar e reconectar? Lémoste nos comentarios 🌻

 
 
 

Comments


Rúa Angel Llanos, 14

Coia, 36209 Vigo, Pontevedra

886 30 98 56

  • instagram-new (1)
  • twitterx--v2

Horario

De luns a venres:

De 10:00 a 14:00

e as 15:30 h. ás 19:30 h.

Sábado:

Contacontos ao aire libre gratuíto | 11:30

Firma-logos-MAIV-2025-24-25-blanco.png

© 2025 Creado por el Programa de Empleo MAIV Garantía Xuvenil 2024

bottom of page