top of page

🎄Final do trimestre: cansanzo, exames e Nadal á vista. Como acompañar dende a Disciplina Positiva




Chega o final do trimestre e por suposto que se nota. Na casa, no cole, no ambiente. As crianzas están máis sensibles nestas semanas que veñen. As familias, en xeral, máis cansadas. Os profes e as profes tamén sinten o agotamento. Hai exames, traballos finais, festivais, actividades especiais, reuniones, días diferentes… e decembro enteiro que entra con forza.


É normal que todo se acumule. Este momento do ano é unha mistura de cansanzo, emoción e desorde que pasa factura a tódalas edades.


Dende a Disciplina Positiva, podemos acompañalo con intención e anticipación, para que esta etapa sexa un pouco máis lixeira para todos e todas.



🧠 O que pasa nesta época


O final de trimestre xunta varios factores:

  • Cansazo acumulado

  • Cambios constantes: ensaios, saídas, tarefas distintas, festas

  • Maior sensibilidade emocional

  • Peche de procesos: exames, entregas, avaliacións

  • Expectativas do Nadal


É normal que o corpo e a mente estean menos dispoñibles para autorregularse. Non é mala conduta: é esgotamento.



🌱 Conexión co que vimos traballando


Nas últimas semanas falamos de:

  • Estudo sen presión

  • Poñerse en marcha sen présas en decembro


Este blog continúa ese camiño, porque todo se entrelaza: o cansazo afecta ao estudo, o estrés inflúe no comportamento e a anticipación axuda a baixar a tensión.



✨ A anticipación: a túa mellor ferramenta


Anticipar non é advertir; é preparar. É darlle ao cerebro un mapa para non perderse cando cheguen os días intensos.


Algunhas formas sinxelas de anticipar:

🔸 Calendarios visibles

“Esta semana tedes exame o xoves e o venres é o festival. Hoxe faremos o que poidamos para preparalos.”

🔸 Explicar cambios de rutina

“Mañá non hai clase pola tarde, así que faremos os deberes despois de merendar.”

🔸 Preparar emocións

“É posible que no ensaio haxa moito ruído. Se te incomoda, avísame.”

🔸 Adiantar límites

“Se necesitas un anaco de calma na comida familiar, dimo.”

🔸 Quitar presión

“Non agardo que o fagas perfecto. Só que o intentes.”


Anticipar suaviza moito o camiño, sobre todo nas idades máis temperás. Non quita o cansazo, pero si quita a sorpresa.



🌷 Ideas prácticas para estes días


✔️ Menos esixencia, máis realismo

✔️ Tempos curtos de estudo

✔️ Deixar cousas para xaneiro cando sexa posible

✔️ Transicións máis lentas

✔️ Máis conexión que corrección

✔️ Autocuidado realista para as persoas adultas



🌷 E para ti, que acompañas


O final de trimestre tamén pasa por ti.


Ti tamén levas semanas correndo, chegando tarde, revisando mochilas, asinando notas, escoitando preocupacións, animando a estudar, organizando axendas e sostendo emocións alleas mentres xestionas as túas como podes.


Non é falta de paciencia. É cansazo acumulado.

Algunhas ideas suaves para ti:

🔸 Non tes que poder con todo.

🔸 Podes simplificar, delegar e deixar cousas para xaneiro.

🔸 A túa presenza vale máis que a túa produtividade.

🔸 Se algo non chega perfecto, segue sendo suficiente.

🔸 Descansar non é un premio: é unha necesidade.


Soster a alguén cansa. E acompañar desde a disciplina positiva comeza por tratarte coa mesma amabilidade coa que intentas tratarlles a eles e elas.



🌾 Un recordatorio suave


O final de trimestre non está para pedir máis, senón para soster mellor.


As crianzas necesitan máis estrutura amable e máis presenza… xusto cando ás persoas adultas menos nos queda. Por iso é importante baixar o ritmo onde se poida, elixir batallas e mirar con comprensión.


A disciplina positiva recórdanos que o que máis axuda non é o “Vamos, rápido”, senón o “Estou contigo, imos paseniño”.


💬 Como estades vivindo este final de trimestre na casa? Os lemos con cariño. 🌻

 
 
 

Comments


Rúa Angel Llanos, 14

Coia, 36209 Vigo, Pontevedra

886 30 98 56

  • instagram-new (1)
  • twitterx--v2

Horario

De luns a venres:

De 10:00 a 14:00

e as 15:30 h. ás 19:30 h.

Sábado:

Contacontos ao aire libre gratuíto | 11:30

Firma-logos-MAIV-2025-24-25-blanco.png

© 2025 Creado por el Programa de Empleo MAIV Garantía Xuvenil 2024

Esta empresa foi beneficiaria das Axudas do Programa EMEGA:
Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea co obxectivo de fomentar o emprendemento feminino en Galicia

si429a_modelo_cartel_fse_3_page-0001.jpg
bottom of page