BRANCANEVES E OS 77 ANANIÑOS
SKU: 9788491212669
13,50 €Price
Tax Included
Había unha vez, no medio e medio do bosque, unha rapaza chamada Brancaneves que fuxía dunha bruxa malvada. Nunha casiña, habitada por 77 ananos, atopou acubillo. Os simpáticos ananiños acordaron que podía quedar con eles o tempo que quixese. -Poderías axudarnos un pouco coas tarefas da casa? -dixéronlle. Esta reinterpretación do conto clásico de Brancaneves supón un canto á liberdade. Unha historia divertida e chea de humor que cuestiona os estereotipos aceptados que moi a miúdo impiden a educación na igualdade de dereitos e oportunidades de nenos e nenas.


