top of page

"A vasoira dunha bruxa" (2-8 años)

Taller creativo 2-8 años

9 euros
Cuentoludoteca

Service Description

Neste obradoiro creativo, os nenos e nenas converteranse en pequenos artistas para dar vida á súa propia meiga do Samaín, transformando unha sinxela botella de plástico nun personaxe cheo de maxia e personalidade. Utilizaremos a botella como base do corpo da nosa meiga e decorarémola libremente, incorporando algúns dos elementos máis característicos destes personaxes, como os ollos, o nariz, a verruga, o pelo, o sombreiro puntiagudo e a vasoira. Para iso, poderemos utilizar diferentes materiais, cores e elementos decorativos, deixando voar a nosa imaxinación e experimentando con distintas posibilidades creativas. Cada neno poderá decidir como quere que sexa a súa, elixindo as súas cores, os seus complementos e os detalles que lle darán unha personalidade propia. Para rematar, introduciremos no interior da botella unhas pequenas luces que iluminarán a nosa meiga na escuridade, transformándoa nunha decoración luminosa e misteriosa. Así conseguiremos crear ese ambiente máxico e un chisco arrepiante tan característico do Samaín. Os obxetivos son: concenciar sobre a importancia de dar unha segunda vida aos materiais, desenvolver a capacidade de seguir instrucións sinxelas, estimular a curiosidade e a experimentación, achegar a os nenos e nenas á celebración de Samaín, promover a exploración de materiais, cores, formas e texturas, favorecer a motricidade fina e a coodinación óculo-manual.


Upcoming Sessions


Rúa Angel Llanos, 14

Coia, 36209 Vigo, Pontevedra

886 30 98 56

  • instagram-new (1)
  • twitterx--v2

Horario

De luns a venres:

De 10:00 a 14:00

e as 15:30 h. ás 19:30 h.

Sábado:

Contacontos ao aire libre gratuíto | 11:30

Firma-logos-MAIV-2025-24-25-blanco.png

© 2025 Creado por el Programa de Empleo MAIV Garantía Xuvenil 2024

Esta empresa foi beneficiaria das Axudas do Programa EMEGA:
Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea co obxectivo de fomentar o emprendemento feminino en Galicia

si429a_modelo_cartel_fse_3_page-0001.jpg
bottom of page