"O parrulo que nunca pestanexa" (2-8 años)
Taller creativo 2-8 años
Service Description
Neste divertido obradoiro, os nenos e nenas crearán a súa propia gaivota utilizando materiais sinxelos e deixando voar a súa imaxinación. Para construír o corpo utilizaremos un vaso de cartón, que se converterá na base da nosa gaivota. Cada neno e nena poderá decorar libremente as ás e as patas, utilizando as cores e os deseños que máis lle gusten. Tamén poderán engadir plumas para darlle un toque máis divertido e realista á súa gaivota. Ademais, pintarán e recortarán a cabeza para despois unir todas as pezas e dar forma á súa creación. Para rematar, faremos dous pequenos buratos na parte inferior do vaso e colocaremos uns anacos de corda que uniremos ás patas, facendo que queden colgantes. Así, conseguiremos unha gaivota orixinal e divertida que poderán levar para a casa e colocala onde eles queran. Os obxetivos son: fomentar a creatividade e a imaxinación, experimentar con diferentes texturas e materiais, estimular a capacidade de seguir instruccións, achegarse ao mundo das aves e ao contorno mariño, potenciar a autonomía, desenvolver a motricidade fina.





