top of page
Historia da literatura galega contemporánea

Historia da literatura galega contemporánea

SKU: 9788491514213
42,00€Precio
Impuesto incluido
Día das letras galegas 2020 Entre 1808 e 1936, datas decisivas da historia peninsular e, polo tanto, da historia de Galicia, desenvólvese un ciclo da literatura galega que chamamos contemporánea, é dicir, que está ligada ás orixes da vida colectiva dos galegos durante os tempos actuais: séculos XIX e XX. Os acontecementos que marcan ambas as datas sinalan fitos que constitúen sinais de termo moi relevantes no devir histórico de Galicia. A literatura do país, directa ou indirectamente, é testemuño elocuente daquel acontecer. Desde os textos patrióticos e políticos do primeiro terzo do século XIX -que nas vellas formas do academicismo neoclásico e do popularismo ilustrado expresan as recentes ideas ou a oposición ás mesmas- ata as fórmulas vangardistas e as preocupacións polo destino da terra que bolen nos textos escritos nas vésperas xulianas, a lingua galega percorre un breve, pero esgrevio camiño, en procura da súa identidade literaria, ás apalpadelas de primeiras, descubrindo logo e loitando por asimilalos, os precedentes medievais, abalando entre o enxebre dialectalismo e a cobiza de xeneralidade, trompicando aquí, erguéndose alá, nun xurdio esforzo, as máis veces incontrolado, por atopar e rego e o enderezo que converta a fala espontánea en lingua de cultura. Este libro traza a hisotira desde esforzo, sen propósito de apoloxía, senón con ánimo de precisión. Está escrito con evidente amor á materia desde esforzo, sen propósito de apoloxía, senón con ánimo de precisión. Está escrito con evidente amor á materia que trata, pero este amor maniféstase na intención de ser verdadeiro, e non se confunde con ningún obxectivo de exaltación paracientífica. Unha suma benfaturenta de datos novos foi arrecadada para fornecer firmeza ás páxinas do volume, xa que en moitos aspectos o autor decruou as leiras que lle correspondía cultivas;polo que a obra é de investigación persoal máis que de síntese de traballos anteriores.
Cantidad

Rúa Angel Llanos, 14

Coia, 36209 Vigo, Pontevedra

886 30 98 56

  • instagram-new (1)
  • twitterx--v2

Horario

Lunes a Viernes:

10:00 a 14:00

y 15:30 a 19:30

Sábado:

Cuentacuentos gratuito al aire libre | 11:30

Firma-logos-MAIV-2025-24-25-blanco.png

© 2025 Creado por el Programa de Empleo MAIV Garantía Xuvenil 2024

Esta empresa foi beneficiaria das Axudas do Programa EMEGA:
Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea co obxectivo de fomentar o emprendemento feminino en Galicia

si429a_modelo_cartel_fse_3_page-0001.jpg
bottom of page