top of page
TRES OBRAS TEATRAIS

TRES OBRAS TEATRAIS

SKU: 9788484874164
14,00 €Precio
Impuesto incluido
Medea en Camariñas /Unha tardiña en Mitilene /Antígona ante os xuíces.------------------------------------------------------- Edítanse por fin en galego, a lingua na que foron escritas, as tres primeiras obras teatrais de Andrés Pociña, todas elas xa publicadas en español, italiano, e portugués. As tres foron representadas en España, Italia e Portugal, mais ningunha probou fortuna deica agora en terras galegas.Medea en Camariñas, estreada en 2005, vai camiño das cen representacións, en cinco montaxes distintos. Consiste no monólogo dunha Medea xa vella, que explica por si mesma os feitos da súa existencia ás mulleres de Camariñas que están lavando nun daqueles lavadoiros de antes. Unha tardiña en Mitilene, que principia o seu andar escénico co título Atardecer en Mitilene en 2010, lévanos ás conversas da poeta Safo coas discípulas que viven con ela, e ouvimos o que falan sobre poesía, música, política, amizade, amor, é dicir, a vida. Cousas e ideas doutros tempos, sempre vixentes hoxe en día.Antígona ante os xuíces foi estreada en 2017, en italiano, nun lugar excepcional, o Mausoleo de Cicerón en Formia (Italia). Trátase dunha visión nova, da mais exemplar rapaza da mitoloxía antiga, enfrontándose a un tribunal e ao pobo de Tebas, para defender con enerxía o seu comportamento. A preparación desta primeira edición galega conxunta foi posible grazas á amizade e xenerosidade da Dra. María Teresa Amado Rodríguez, prestixiosa helenista da Universidade de Santiago de Compostela, ben coñecida polos seus traballos de todo tipo sobre as literaturas grega e galega.
Cantidad

Rúa Angel Llanos, 14

Coia, 36209 Vigo, Pontevedra

886 30 98 56

  • instagram-new (1)
  • twitterx--v2

Horario

Lunes a Viernes:

10:00 a 14:00

y 15:30 a 19:30

Sábado:

Cuentacuentos gratuito al aire libre | 11:30

​

Firma-logos-MAIV-2025-24-25-blanco.png

© 2025 Creado por el Programa de Empleo MAIV Garantía Xuvenil 2024

Esta empresa foi beneficiaria das Axudas do Programa EMEGA:
Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea co obxectivo de fomentar o emprendemento feminino en Galicia

si429a_modelo_cartel_fse_3_page-0001.jpg
bottom of page