"Caracol e vermiño" (1-3 anos)
Obradoiro 1-3 anos
Descripción del servicio
Neste divertido obradoiro, cada neno e nena elaborará o seu propio verme utilizando pequenos pompóns de diferentes cores, que terá que ir pegando uns aos outros para formar o corpo. Unha vez rematado, engadiremos os ollos e as antenas para darlle personalidade e conseguir que cada verme sexa único e especial. A continuación, pegaremos o verme sobre unha pinza, que posteriormente colocaremos nun anaco de papel con forma de folla que lle proporcionaremos a cada participante. Deste xeito, conseguiremos crear unha pequena composición decorativa na que o noso verme parecerá estar pousado sobre unha folla. Os obxetivos:estimular a percepción visual, favorecer a concentración e a paciencia, traballar a coordinación ollo-man, desenvolver a motricidade fina, experimentar con diferentes materiales y texturas.





