"Neste conto non hai ningún dragón" ( 2-8 anos)
Obradoiro Creativo (2-8 anos)
Descripción del servicio
Neste obradoiro, cada neno e nena elaborará o seu propio dragón utilizando un cono de cartón dun rolo de papel hixiénico. Para comezar, pintaremos o cono de cor verde e, unha vez seco, engadiremos os ollos e o nariz para darlle forma á súa cara. Despois, cada participante poderá decoralo libremente, engadindo todos os detalles que queira para conseguir un dragón único e orixinal. Para rematar, pegaremos nun dos extremos unhas tiras finas de papel de seda de diferentes cores, que simularán o lume que sae da boca do dragón. Pero a diversión non remata aí! Ao soprar polo outro extremo do cono, as tiras de papel de seda moveranse coma se o dragón estivese botando lume de verdade, convertendo a nosa manualidade nun xoguete moi divertido. Os obxetivos son: desenvolver a motricidade fina, promover a reutilización de materiais, estimular a expresión artística, favorecer a curiosidade e a exploración, combinar a creatividade co xogo, experimentar co movemento e o sopro.





