"Un porquiño en Sanmartiño" (2-8 años)
Taller Creativo 2-8 años
Descripción del servicio
Neste obradoiro, os nenos e nenas descubrirán, a través do xogo e da experimentación, os diferentes alimentos e produtos que podemos obter do porco. Para comezar, participarán nun pequeno xogo no que terán que identificar e coñecer algúns destes alimentos, fomentando a súa curiosidade e ampliando os seus coñecementos sobre a orixe dos alimentos. A continuación, converteranse en auténticos coidadores e coidadoras para limpar un porquiño grande, previamente debuxado e cheo de manchas. Con diferentes utensilios, deberán axudarlle a quedar ben limpo, e unha vez rematada a limpeza, chegará o momento de poñelo ben guapo, decorándoo ao seu gusto para que cada neno e nena poida levar o seu porquiño para a casa. Os obxetivos son: coñecer os diferentes alimentos e produtos que se poden obter do porco, identificar e recoñecer alimentos, fomentar a curiosidade e a aprendizaxe a través do xogo, desenvover a motricidade fina e a destreza manual, fomentar a autonomía e a participación activa, promover a limpeza, o coidado e os hábitos de hixiene.





