"Unha noite de acampada" (2-8 anos)
Obradoiro Creativo 2-8 anos
Descripción del servicio
Por mor da foliada da noite de San Xoán, os nenos e nenas realizarán unha actividade artística e creativa na que elaborarán a súa propia fogueira sobre unha cartolina. Pegarán os seus pequenos paus naturais recollidos previamente e, posteriormente, crearán as lapas utilizando pintura de cores cálidas (vermello, laranxa e amarelo). Mediante o uso dunha palliña, sopraran a pintura para conseguir formas dinámicas e orixinais que simulen o movemento do lume. Os obxectivos son: desenvolver a creatividade e a imaxinación, coñecer unha tradición popular, experimentar con diferentes materiais e técnicas plásticas, mellorar a coordinación óculo-manual e favorecer o control da respiración mediante a técnica de soprado con palliña.

